Aviso legal

Titular

O titular da páxina web antonioalvar.com é Antonio Alvar Vázquez.

Finalidade

A presente páxina web é un portafolio de proxectos web e multimedia educativos e de comunicación creados por Antonio Alvar Vázquez.

A páxina web ten unha finalidade informativa, educativa e sen ánimo de lucro.

Propiedade intelectual

Os contidos publicados na páxina web, nas súas diferentes linguaxes, formatos e narrativas, son de elaboración propia e están protexidos polos dereitos de autor.

Queda prohibida a reprodución e/ou difusión total ou parcial do material publicado na páxina web sen a correspondente autorización do seu titular.

O titular resérvase o dereito de establecer licenzas de uso máis ou menos restritivas baixo certas condicións. De ser o caso, indicarase expresamente na páxina web.

Permítese o dereito de citación da web e dos seus contidos indicando autor e fonte coa súa correspondente hiperligazón.

O material, contido ou información de terceiros están suxeitos ás súas correspondentes licenzas de uso e, de ser o caso, empréganse nesta páxina web de acordo coas condicións especificadas polos seus creadores. Na ausencia de licenzas que especifiquen o uso, enténdese que se aplica a lexislación vixente que regula a propiedade intelectual. A web fai uso do dereito de citación atendendo á súa finalidade educativa.

Exención de responsabilidade

O titular da páxina web non garantiza a inexistencia de erros no acceso á mesma e non se responsabiliza de prexuízos derivados da falla de dispoñibilidade ou de usos ilícitos alleos ao titular que contraveñan o funcionamento ou alteren os contidos orixinais.

O titular da páxina web non garantiza a inexistencia de erros no seu contido. A información publicada ten carácter ilustrativo e non orixinará dereitos nin expectativas de dereitos.

O titular pode realizar modificacións ou actualizacións sen previo aviso.

O titular declina toda responsabilidade sobre os contidos enlazados a páxinas web externas así como sobre a información ou material proporcionado por terceiros.

O titular non se responsabiliza das opinións expresadas na propia páxina, redes sociais e outros foros da rede internet.

Aloxamento

O sitio web antonioalvar.com está aloxado en centros de datos ubicados en Londres (Reino Unido).

O provedor técnico encárgase de garantir a dispoñibilidade e o mantemento da infraestrutura destes servidores.

O titular do sitio web non se fai responsable dos danos ou perdas derivados de interrupcións técnicas no servizo, caídas dos servidores ou calquera outro fallo alleo ao seu control directo.

Administración

A páxina web está a ser administrada polo titular da mesma.

Cláusula final

As presentes condicións poden revisarse e modificarse sen previo aviso polo titular da web.

O titular non se fai responsable do uso que o usuario poida efectuar dos contidos publicados na páxina web.

Enténdese que o usuario que visita a páxina web acepta os presentes termos e condicións na súa totalidade e a facer uso da web de maneira responsable.

[Actualizado o 17/1/2024]

Facebook
Instagram
Tiktok
Esta páxina emprega cookies. Se continúas navegando, estás a aceptar o seu uso. Podes cambiar a configuración así como obter máis información na política de cookies [+]
Configuración das cookies
Entendido
Política de privacidade e cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active
Esta páxina emprega cookies propias e de terceiros para garantir un correcto funcionamento da mesma e con fins analíticos. As cookies son arquivos de texto que un sitio web pode descargar nun dispositivo para obter e recuperar información sobre a experiencia de navegación. Os tipos de cookies que emprega esta páxina web son: cookies de rexistro, cookies de mellora de rendemento, cookies de análise estatística e cookies de mellora de servizos. O usuario pode restrinxir, rexeitar así como eliminar as cookies activas dende a opción de configuración do seu navegador:
Gardar a configuración
Configuración das cookies