ágoras dixitais é un proxecto educativo creado para o alumnado e está conformado por unha rede educativa de espazos virtuais chamados ágoras.
O proxecto ágoras dixitais está concibido, deseñado e construído como ferramenta e recurso de aprendizaxe adoptando unha visión interdisciplinar do coñecemento e da práctica artística.
A súa finalidade é promover unha educación personalizada e activa, situando o alumnado no centro do proceso de ensinanza-aprendizaxe.
O proxecto xorde como compromiso e desafío ante a realidade actual, para dar resposta ás necesidades educativas buscando flexibilidade, personalización e adaptación a cada persoa e contexto por medio das novas tecnoloxías.