Unha ágora dixital é un espazo de dinamización, experimentación, creación e aprendizaxe baseado nos principios da educación universal, personalizada, inclusiva e interdisciplinar.
As ágoras constitúen un punto de encontro para profesorado e alumnado e funcionan como espazos modulares que se interconectan creando redes de coñecementos e experiencias, sendo a súa dimensión e extensión infinitas.
Creado con materiais virtuais, a ágora dixital aposta por unha educación sostible e respectuosa co medio ambiente, impulsando o seu aloxamento en servidores que funcionan con enerxías renovables e que reducen a emisión de carbono á atmósfera.